Castellano Deutsche English Français Galego Italiano

Quienes somos

Historia de
Compostela


Como comprar

Acceso a
Tenda

Ver Carrito
""

 

 

Antes de nada, non esqueza que ten á súa disposición o noso Servizo de Atención ao Cliente para calquera dúbida ou cuestión que precise, pode escribirnos a: info@postalesdecompostela.com

Para poder iniciar o seu pedido na nosa tenda online é preciso o rexistro como cliente. Deste xeito obteremos os datos necesarios para o envío do produto. Para isto debe cubrir o formulario cos seus datos de contacto, envío e facturación. Estes datos e o uso que lle daremos poderá consultalo na sección de privacidade, ao final desta páxina.

A partires do rexistro, insira “Usuario” e “Contrasinal” para poder comezar a compra. No caso de non lembrar as súas claves, prema “Lembrar contrasinal" ou póñase en contacto connosco e facilitarémoslla.

A seguir, informámolo do proceso de pedido, punto por punto:

1.- Elección do produto:

  • Acceda á ficha do produto seleccionado.
  • Prema “comprar” dentro da ficha do produto.
  • O produto escollido engadirase ao seu carro da compra (á dereita da páxina) onde poderá indicar o número de unidades que desexe.
  • Unha vez finalizada a súa compra, acceda ao carro da compra (parte superior dereita da páxina).

Se desexa algún produto e non o encontra, fáganolo saber a través do noso Servizo de Atención ao Cliente e atenderémolo con moito gusto.

2.- Rexístrese como usuario tal e como indicamos ao comezo deste texto.

3.- Selección da forma de pagamento.

A forma de pagamento para esta sección é mediante tarxeta de crédito Visa, Master.

4.- Confirmación do pedido

Unha vez finalizado todo o proceso de compra, enviámoslle un correo electrónico ao correo de acceso onde figuran todos os detalles do seu pedido. Por favor, se non o recibe, póñase en contacto connosco.

A dispoñibilidade dos produtos está suxeita ás existencias. Se algún produto puntualmente se encontrase esgotado, informarémolo de xeito inmediato.

 

© Postales de Compostela
Todos os dereitos reservados 2009


Aviso Legal || Privacidade || Accesibilidade
¡CSS Válido!