Castellano Deutsche English Français Galego Italiano

Quienes somos

Historia de
Compostela


Como comprar

Acceso a
Tenda

Ver Carrito

Accesibilidade

Postales de Compostela traballa para converterse nunha canle de comunicación práctica e accesible para todos.

Por este motivo, o deseño e a programación procuran seguir criterios de simplicidade, coa vontade de asegurar o acceso á información e aos servizos ofrecidos, con facilidade e sen restricións, incluíndo ás persoas con discapacidades.

Un deseño deste tipo incrementará ademais a usabilidade e, polo tanto, o beneficio estenderase a todos os usuarios.

Á vez que se incorporan novos contidos que cumpran estes criterios, vanse revisando e mellorando contidos xa publicados, polo que é posible que se atope con distintos graos de cumprimento de usabilidade e accesibilidade.

Compatibilidade con estándares

Este sitio web deseñouse e programouse seguindo as directrices da iniciativa WAI (Web Accessibility Initiative, www.w3.org/wai), que marca uns estándares internacionais na creación de contidos web accesibles para todos.

  • XHTML 1.0
  • CSS
  • WAI-AA

Melloras de usabilidade e accesibilidade
Tomáronse diversas medidas para facer o sitio web máis accesible, entre elas:

  • Sistema de navegación simplificado; non se utilizan menús despregables.
  • Navegación e estrutura visual coherente e consistente en toda a web.
  • Marcado da colocación de 'ruta de navegación'.
  • Vínculos relacionados agrupados co elemento ‘map’.
  • Texto descritivo das imaxes.
  • Acceso mediante teclado ás opcións principais.

Deseño elástico

Modificouse a maquetación da web para que o usuario poida adaptar tanto o texto coma a web completa ao tamaño desexado. Se desexa aumentar ou diminuír o tamaño da presentación, pode facelo:

  • Mediante o teclado: Internet Explorer: premendo a tecla ctrl e utilizando a roda do rato.
  • Netscape, Mozilla:
       tecla ctrl + tecla '+' para aumentar
       tecla ctrl + tecla '-' para diminuír
  • A través do menú do seu navegador: 'ver' > 'tamaño do texto'.

Ligazóns

A maioría das ligazóns cuxo texto non se describe completamente o destino teñen atributos title cunha aclaración.

Cando sexa posible, as ligazóns escríbense de forma que teñan sentido fóra de contexto. Algúns navegadores (como JAWS, Home Page Reader, Lynx e Opera) poden extraer a lista de ligazóns da páxina actual e permitir ao usuario navegar desde esta lista. Tendo isto en conta, as ligazóns non están duplicadas e, de estalo, é porque acceden ao mesmo contido.

Non hai pseudoligazóns Javascript: todas as ligazóns poden seguirse en calquera navegador, inclusive se Javascript está deshabilitado.

 

Aviso

Se vostede encontra algunha dificultade á hora de acceder ou visualizar información deste portal, ou considera que se podería mellorar a accesibilidade nalgún aspecto, non dubide e comunicárnolo a través da nosa sección de contacto.

 

© Postales de Compostela
Todos os dereitos reservados 2009


Aviso Legal || Privacidade || Accesibilidade
¡CSS Válido!